José González sinala que os inmobles rehabilitados deben alugarse ou cederse o seu uso a persoas traballadoras, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e primándose os casos relacionados con eidos económicos estratéxicos
Lembra que a orde está orientada aos municipios de menos de 20.000 habitantes, tendo prioridade os de menos de 5.000, e téndose en conta a distancia entre a vivenda e o traballo, ata unha parada de transporte ou ata unha vía de alta capacidade
Con axudas máximas de ata o 95 % do orzamento da rehabilitación, apunta que existe unha primeira liña dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e unha segunda para concellos, co fin de dar unha nova vida ás vivendas baleiras
