A Xunta destaca as vantaxes das entidades de certificación de conformidade municipal para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda

Allegue fai fincapé na axilización, simplificación e redución dos tempos, tanto para os particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como para os concellos

Destaca o avance en materia de vivenda e urbanismo neste primeiro ano e medio, así como o importante papel da cooperación entre administracións e sector privado na aceleración dos proxectos e a consecución dos obxectivos

Subliña o avanzado polo departamento que dirixe neste ano e medio de lexislatura cara a desenvolver o plan que permitirá acadar 4.000 novas vivendas protexidas no ano 2028, das que 3.000 xa están en marcha, prevéndose as primeiras entregas para o vindeiro 2026