O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que os propietarios poderán recibir “ata 16.000 €” en axudas para reformas ou seguros
O programa Fogar Vivo inclúe unha axuda económica directa para os que arrenden a menores de 36 anos e persoas con menores ou dependentes ao seu cargo
Os beneficiarios deberán manter o inmoble en alugueiro con renda accesible durante polo menos 5 anos
O obxectivo, como resaltou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, é “dar unha segunda vida” a vivendas baleiras e dar a oportunidade “de acceder a un fogar digno e de calidade”