A Xunta destinará á venda as 13 vivendas públicas da rúa das Devesas, en Pontevedra, cuxas obras licita por 2,5 M€

A Xunta destinará á venda as 13 vivendas públicas da rúa das Devesas, en Pontevedra, cuxas obras licita por 2,5 M€

Allegue sinala que, no marco das novas medidas impulsadas pola Xunta para que máis familias poidan acceder á vivenda pública, o 30% dos fogares reservaranse a persoas entre 36 e 45 anos con fillos a cargo, ademais da reserva do 25% para menores de 36

A nova promoción, que se financiará con fondos autonómicos, desenvolverase nun dos tres solos cedidos polo Concello para construción de vivenda pública

As empresas poderán presentar ofertas ata o 25 de agosto

A Xunta ten en marcha 306 vivendas públicas na cidade de Pontevedra