A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da Rúa Rei de Viana, que suporá un investimento de 240.000 €

A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da Rúa Rei de Viana, que suporá un investimento de 240.000 €

A través desta intervención, abordarase a repavimentación desta rúa que une a Casa Consistorial coa Biblioteca, ademais de actuar nas redes de saneamento e abastecemento,  na reparación do mobiliario urbano e na renovación da iluminación

A Xunta cofinanciará esta actuación, cunha aportación de preto de 168.000€, para mellorar as prestacións desta rúa, tanto na circulación rodada como peonil

Allegue subliña a colaboración “exemplar” do Concello de Leiro e destaca o compromiso da Xunta para seguir avanzando “na Galicia Calidade que temos e pola que seguimos apostando”