A través desta intervención, pavimentarase a rúa principal do lugar de Ventosela, e abordarase a renovación dos servizos urbanísticos e o soterrado dos tendidos aéreos
A Xunta achegará o 70% do orzamento, arredor de 330.000€, contratará e executará as obras, mentres que o Concello achegará o 30% restante do custe dos traballos
Esta actuación forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade
