A Xunta entrega 3 vivendas públicas en alugueiro accesible no centro histórico de Betanzos

Os novos fogares foron rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e sorteados entre os demandantes de vivenda pública, un deles menor de 36 anos

Allegue anuncia que a comezos de 2026 está prevista a entrega de 2 vivendas públicas máis en rehabilitación nas rúas Alfolí e Pinche 

Avanza que o Consello da Xunta leva para a aprobación este luns o proxecto de trazado para a mellora da seguridade e accesibilidade peonil na estrada AC-542 en Infesta