Ángeles Vázquez salienta que esta renovación do parque móbil facilitará as tarefas de inspección, control e conservación do patrimonio natural, así como os desprazamentos por pistas forestais, terreos agrestes e zonas de difícil acceso
Os novos vehículos, que supoñen un investimento de máis de 640.000 euros, son 11 pick-ups e 5 SUV 4×4 e están destinados aos servizos de Patrimonio Natural das catro provincias e ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
