Allegue destacou que ao investimento previsto pola Xunta para a urbanización do ámbito, de 22M€, súmase unha estimación de investimento inducido que acadaría os 350M€
A conselleira subliña que a aprobación inicial do PIA supón “o inicio dun novo barrio na cidade, unha zona cómoda, moderna, verde e próxima” que contará con 2.000 vivendas protexidas e reserva espazo para equipamento público, zonas verdes e usos comerciais
Trala publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial, ábrese un prazo de información pública durante quince días e prevese a aprobación definitiva do PIA no último trimestre deste ano
A Xunta prevé licitar e iniciar a urbanización no segundo semestre do vindeiro 2027 e no 2028 estará xa en obras a urbanización e sacaranse a concurso as parcelas
