A Xunta facilita a adquisición de solo para 79 vivendas protexidas en Mos, a través dun préstamo sen xuros do Fondo de Cooperación por un orzamento de 1,2 M€

A Xunta facilita a adquisición de solo para 79 vivendas protexidas en Mos, a través dun préstamo sen xuros do Fondo de Cooperación por un orzamento de 1,2 M€

A Xunta concede ao Concello de Mos o crédito para á adquisición de 11 parcelas na zona de Tameiga–San Eleuterio, para construír novos fogares no municipio

Este Fondo de Cooperación é unha nova liña de actuación do departamento que dirixe María M. Allegue, que está dotada con 10 M€

O prazo para solicitalo rematará o 15 de outubro e se xestionará a través dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o concello destinatario do financiamento