A Xunta inicia as obras de 20 vivendas de promoción pública en Mos, cun investimento de máis de 4,3 M€

A Xunta inicia as obras de 20 vivendas de promoción pública en Mos, cun investimento de máis de 4,3 M€

Allegue puxo en valor a colaboración “exemplar” do Concello de Mos nesta actuación, que cedeu de forma gratuíta a parcela sobre a que se vai a construír o novo inmoble

Polo menos un 40 % das vivendas destinaranse a alugueiro accesible para menores de 36 anos

Trátase dun edificio de tres plantas e as vivendas terán entre dous e catro dormitorios

Os diversos espazos comunitarios organizaranse ao redor de dous patios centrais, que permitirán a entrada de luz natural e a mellor ventilación das vivendas