A Xunta inicia as obras de 64 vivendas públicas en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6M€

A Xunta inicia as obras de 64 vivendas públicas en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6M€

Allegue destacou que a previsión é que as obras, cun prazo de 16 meses, estean rematadas no terceiro trimestre do vindeiro 2026

As vivendas desta nova promoción serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible, coa reserva de ao menos un 40% para menores de 36 anos

A conselleira subliñou que a Xunta tamén está a traballar para facilitar solo para máis de 600 vivendas no ámbito Escorial-Vinteún

Remarcou a aposta pola rehabilitación, no marco do programa Rexurbe, pois a Xunta dispón de 8 inmobles na cidade, coa previsión de chegar aos 18 fogares e 3 locais

Salientou a necesaria colaboración entre o sector público e privado para dinamizar o mercado da vivenda a través da construción

Indicou que a Xunta vén de recibir o documento do PXOM, para a emisión do informe previo á sua posterior aprobación definitiva por parte do Concello