Con este novo edificio que se comeza a construír, o Goberno galego xa ten 5 en obras no Polígono 1 de Navia
Allegue explicou que a Xunta xa ten en marcha un milleiro de vivendas na cidade olívica, e máis de 2.000 en toda Galicia
A titular de Vivenda e Infraestruturas deu conta tamén da publicación da licitación do proxecto e dirección de obra, no Perfil do contratante, doutro inmoble máis para 26 fogares no Polígono 2
Allegue destacou que estas actuacións son “a resposta do Goberno galego” ás demandas da cidadanía na cidade e puxo en valor que Vigo “é unha prioridade para o Goberno Rueda”