O investimento na renovación deste edificio rolda os 2M€ de fondos propios da Xunta
A conselleira destaca que as 4 vivendas do inmoble estarán destinadas a alugueiro accesible para menores de 36 anos
A actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta promove a rehabilitación en centros históricos para logo cualificar as vivendas como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda
No marco do programa Rexurbe, a Administración autonómica ten adquirido dous inmobles na Coruña, na rúa Santa María 6 para 3 vivendas, que se atopa na fase de redacción de proxecto, e o da rúa San Andrés 88 que se comeza a renovar hoxe
Allegue anuncia que esta semana publicarase a licitación das obras de rehabilitación de 13 edificios para 26 vivendas para alugueiro accesible no marco do programa Rexurbe en Ferrol, Lugo e Mondoñedo, cun investimento total de 8M€