A Xunta investirá 13,5 M€ no PIA de Ourense, onde proxecta 1.435 vivendas e máis de 45.000m2 de espazos libres e verdes

A Xunta investirá 13,5 M€ no PIA de Ourense, onde proxecta 1.435 vivendas e máis de 45.000m2 de espazos libres e verdes

Das 1.400 vivendas, o 80% serán protexidas e terán cualificación permanente

O PIA deseña un barrio no que as futuras vivendas estean acompañadas de zonas verdes, espazos públicos de calidade, de itinerarios amables e de lugares para o encontro, cunha proposta que aposta pola integración na paisaxe, a mellora ambiental e a mobilidade sostible

Prevese a plantación de 1.300 árbores e a habilitación de máis de 300 prazas de aparcamento públicas

Trala publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial, ábrese un prazo de información pública durante quince días e prevese a aprobación definitiva do PIA no último trimestre deste ano

A Xunta prevé licitar e iniciar a urbanización no segundo semestre do vindeiro 2027 e no 2028 estará xa en obras a urbanización