A Xunta investirá máis de 50 M€ no desenvolvemento do ámbito de Mallou e prevé un investimento inducido de 600 M€ para crear un novo barrio para 8.000 persoas

A Xunta investirá máis de 50 M€ no desenvolvemento do ámbito de Mallou e prevé un investimento inducido de 600 M€ para crear un novo barrio para 8.000 persoas

O proxecto prevé a construción de 3.600 vivendas, o 80% protexidas, que se estruturarán dentro de cinco cuarteiróns

Allegue destaca este PIA que facilitará o crecemento da cidade a través dun “futuro barrio ao carón da zona urbana xa existente”

A ordenación prevé case 130.000 metros cadrados de zonas verdes, a creación dunha praza central na contorna da fonte-lavadeiro, 3.500 prazas de aparcamento, itinerarios peonís e carril bici entre outros elementos

Trala publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación inicial, ábrese un prazo de información pública durante quince días e prevese a aprobación definitiva do PIA neste ano

A Xunta prevé licitar a urbanización do ámbito no vindeiro ano 2027