A Xunta lamenta a insistencia do Goberno de España en xerar unha alarma infundada sobre presuntas ilegalidades en vivendas de uso turístico en Galicia

O director de Turismo de Galicia vén de remitir un escrito ao ministro de Consumo no que expresa a inoperatividade e falta de rigor xurídico do documento remitido hai unhas semanas por este ministerio sobre supostas irregularidades 

Explica que o arquivo, remitido por correo electrónico, é unha táboa Excel que non serve para o traballo de inspección ao ser un envorcado directo de datos sen cribar e sen criterio extraídos dunha única plataforma con numerosos erros e imprecisións 

Lamenta a falta de lealdade institucional e reitera o traballo firme contra o fraude levado a cabo pola inspección turística galega a través do Plan Anual vixente