A Xunta licita a construción de 26 vivendas públicas nas Galanas, en Teo, que suporán un investimento autonómico de case 5 M€

A Xunta licita a construción de 26 vivendas públicas nas Galanas, en Teo, que suporán un investimento autonómico de case 5 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de maio

Estas vivendas, financiadas na totalidade pola Xunta, serán eficientes enerxeticamente, con sistema de aerotermia na cuberta e paneis fotovoltaicos

Estes fogares súmanse aos 37 na Ramallosa, cun orzamento de 8,8M€ e para os que está en licitación a redacción do proxecto, a dirección de obra e as obras

Allegue subliñou que estas vivendas son posibles grazas á colaboración do Concello de Teo, un dos primeiros que cedeu solo para edificar vivenda pública

Destacou as medidas anunciadas onte polo presidente Rueda no Debate de Estado de Autonomía, como a reserva do 30% da vivenda en venta que constrúa a Xunta para persoas entre o 36 e 45 anos, con fillos ou dependentes ao cargo

Sinalou que se aumentará o limiar máximo de renda para optar a unha vivenda pública ata 4 veces o Iprem, 4,5 no caso das familias numerosas