A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, por importe de máis de 196.000€ e cuxo prazo de presentación de ofertas remata o 14 de agosto
O edificio habilitarase nunha das 6 parcelas cedidas polo Concello e estímase que a súa construción suporá un investimento de ao redor de 4,4M€
En relación ás outras parcelas cedidas, o Goberno galego xa ten en licitación a redacción dos proxectos para 63 vivendas en Paradai e para 50 de aloxamentos temporais e compartidos para menores de 36 anos na rúa Illa Coelleira