A Xunta licita as obras de 12 novas vivendas públicas na rúa Rei Abdullah, na Coruña, que suporán un investimento de  máis de 2,2M€

A Xunta licita as obras de 12 novas vivendas públicas na rúa Rei Abdullah, na Coruña, que suporán un investimento de máis de 2,2M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de abril

Allegue indicou que as obras terán un prazo de execución de 18 meses, polo que o remate se prevé para finais do vindeiro ano ou comezos do ano 2028

O edificio construirase nunha parcela cedida polo Concello da Coruña e terá baixo e 6 plantas, cunha distribución con espazos comúns e vivendas en altura

Agradeceu a colaboración do Concello, que ademais desta parcela cedeu outras nos Rosais e Pedro Fernández, onde tamén se licitarán obras para máis vivendas

Salientou que a Xunta ten actualmente na Coruña máis de 1.000 vivendas públicas en distintas fases de construción, mobilizando un orzamento de 200M€