A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de maio
Allegue explicou que nunha parcela se construirá un inmoble para 18 vivendas, de 3 e 2 dormitorios; e noutra, outro para 32 fogares, de 2, 3 e 4 dormitorios
Recordou que estas novas vivendas públicas se suman ás 172 licitadas hai dúas semanas por un orzamento de máis de 37M€
Subliñou que no barrio de San Paio de Navia a Xunta ten en desenvolvemento 920 vivendas públicas, do total das 1.600 protexidas previstas neste ámbito
