A Xunta licita o proxecto das novas vivendas públicas da rúa das Cunchas de Sanxenxo, que adxudicará en alugueiro entre persoas menores de 36 anos

A Xunta licita o proxecto das novas vivendas públicas da rúa das Cunchas de Sanxenxo, que adxudicará en alugueiro entre persoas menores de 36 anos

O contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra destes futuros fogares sae hoxe a licitación por 306.000€ e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 13 de xullo

Allegue destaca a colaboración do Concello de Sanxenxo en materia de vivenda a través da cesión desta parcela e doutra en Noalla para que a Xunta constrúa fogares público

Xunto ao proxecto das vivendas que se desenvolverán nesta céntrica rúa, a empresa adxudicataria deseñará tamén a ordenación do ámbito, xa que se xerará un espazo libre de uso público que se cederá ao Concello