A Xunta licita por 15,7 M€ a construción de 73 novas vivendas públicas en San Paio de Navia

A Xunta licita por 15,7 M€ a construción de 73 novas vivendas públicas en San Paio de Navia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25 de maio 

Trátase de dous inmobles de 49 e 24 vivendas que se construirán no Polígono 2 de Navia, onde xa están licitadas as obras para preto de 300 futuros fogares públicos

A conselleira lembra as novas medidas para que máis galegos accedan á vivenda pública, co incremento do limiar máximo de renda ata 4 veces o Iprem, 4,5 para familias numerosas

Das vivendas en réxime de compravenda que constrúa a Xunta, reservarase o 30% para persoas entre 36 e 45 anos, con fillos