A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro

A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril

A través desta obra, repavimentarase esta rúa que une a Casa Consistorial coa Biblioteca, ademais de actuar nas redes de saneamento e abastecemento, e na reparación do mobiliario urbano e na renovación da iluminación

Estas obras enmárcanse nun convenio de colaboración ao abeiro do Plan Hurbe asinado entre a Consellería de Vivenda e planificación de Infraestruturas, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello, que achegará o 30% restante