A Xunta licita por 6,5 M€ as obras dos 50 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos en Lugo

A Xunta licita por 6,5 M€ as obras dos 50 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos en Lugo

A Xunta está a promover estes aloxamentos compartidos como solución habitacional para impulsar a emancipación da mocidade, de xeito que se ofrecerán en alugueiro accesible de xeito temporal

A conselleira Allegue destaca a calidade do inmoble, “adaptado ás novas formas de convivencia habitacionais” e que ademais das vivendas inclúe a dotación de espazos comúns para uso flexible e lecer

López Campos pon en valor o “traballo conxunto e coordinado” do Goberno galego para impulsar “medidas útiles de cara á construción do presente e futuro da xuventude”

Todos os fogares serán exteriores e, no caso dos espazos de uso compartido inclúense zona de lavandería en cada planta, así como zonas de traballo e salas de uso flexible na planta baixa que se abren a un patio axardinado

As empresas poderán presentar ofertas ata o 26 de outubro e as obras terán un prazo de 20 meses