A Xunta licita por 7,6 M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos e avanza no trámite ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro

A Xunta licita por 7,6 M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos e avanza no trámite ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro

Allegue avanzou que a Xunta tamén adxudicará antes de que remate o ano as obras para outro bloque de 56 novas vivendas

Destacou que no vindeiro ano comezará a construción destes novos edificios, ao tempo que se prevén entregar as 74 vivendas públicas cuxas obras avanzan a bo ritmo

Puxo en valor a aposta da Xunta por este barrio, que contará con 236 novas vivendas, ás que se suman as 53 en Tafisa e as 11 das Devesas

Sinalou que se remitiu á Dirección Xeral de Calidade Ambiental o proxecto para iniciar o procedemento ambiental do PIA do ámbito de San Mauro, onde se desenvolverá solo para construír outras 2.000 vivendas por parte de promotores e cooperativistas

Subliñou que os Orzamentos da Xunta para 2026 incrementan a dotación das axudas a promotores e cooperativistas, triplicando a contía ao pasar de 5M€ a preto de 15M€