A Xunta licita por preto de 30 M€ as obras de construción de 168 vivendas de promoción pública en Lugo, que se destinarán á compra

A Xunta licita por preto de 30 M€ as obras de construción de 168 vivendas de promoción pública en Lugo, que se destinarán á compra

A Plataforma de Contratos recolle hoxe a licitación destes traballos, e as empresas poderán presentar ofertas ata o 20 de outubro

Allegue destaca que o 30% das futuras vivendas reservarase para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo, e o 25% para menores de 36 anos

A conselleira subliña as medidas da Xunta para que máis familias poidan acceder a vivenda pública, como o incremento dos límites de renda ata 4 veces o Iprem (4,5 para familias numerosas)

Das 615 vivendas de promoción pública que a Xunta ten marcha en Lugo, 146 xa están en obras e se destinarán a alugueiro