Allegue anunciou que a partir de marzo se ampliará o Aval para que os adquirentes dunha vivenda protexida, sen límite de idade, accedan ao préstamo hipotecario polo 100% do prezo da vivenda, compatible tamén coas axudas a adquisición
Detallou que onte rematou o prazo no que a Xunta recibiu 26 ofertas para redactar os Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo para as primeiras 15.000 vivendas previstas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, Coruña e Arteixo
Subliñou que os Orzamentos da Xunta deste ano reservan 240M€ nos que se triplica a partida destinada a vivenda pública e solo residencial
Remarcou que o Programa Rexurbe, dotado de 7M€, permite rehabilitar inmobles en Betanzos, Ferrol, A Coruña, Mondoñedo, Viveiro, Vilalba, Ourense, Tui e Ribadavia e Ribadeo, que darán como resultado novas vivendas públicas
Apuntou que a Xunta activou medidas excepcionais e modificacións lexislativas e fiscais para axilizar trámites para nova vivenda, incentivar a rehabilitación ou reducir taxas e custes tributarios