Allegue destaca que Galicia asumirá o esforzo de cofinanciación do 40 % mentres reclama un maior compromiso estatal que apenas duplica a súa aportación neste novo Plan Estatal de Vivenda
A conselleira advirte de que o Plan chega tarde e obrigará ás comunidades autónomas a traballar “a destempo” para poder convocar as axudas este ano
Pon o acento en que os fondos previstos son “claramente insuficientes” e non permitirán afrontar o problema estrutural da vivenda
Pon de exemplo que os fondos previstos para Galicia permitirán actuar, como máximo, sobre apenas 3.000 vivendas protexidas ao longo de cinco anos
Galicia ten en marcha máis de 4.000 vivendas de promoción pública en dous anos e unha estratexia para impulsar 20.000 vivendas protexidas nos próximos catro anos
