A Xunta multiplica por dez o orzamento para a construción de vivenda pública desde o inicio da lexislatura e blinda a protección das vivendas de Casa47 en Galicia

A Xunta multiplica por dez o orzamento para a construción de vivenda pública desde o inicio da lexislatura e blinda a protección das vivendas de Casa47 en Galicia

O Executivo galego eleva ata os 520M€ as partidas destinadas a políticas de vivenda, dos que menos dun 10% son fondos finalistas do Estado

Para construción de nova vivenda, a Xunta compromete 326M€, mentres que o Goberno Central non transfire nin un só euro para este fin

Allegue anuncia a reserva do 20% das novas vivendas públicas para as persoas con máis antigüidade no Rexistro de Demandantes

Duplícase o investimento destinado ao desenvolvemento de solo residencial ata acadar os 37,5M€ para avanzar nos proxectos de interese autonómicos

A xestión e a situación saneada da Comunidade permite manter conxeladas as bonificacións das autoestradas galegas, o que supón 8 millóns e medio de euros

O compromiso de sumar máis vías de altas prestacións se materializa cunha partida que supera os 42M€

A Xunta alcanza un orzamento histórico, tanto para o plan de sendas, con 22M€ nun ano, como para conservación das estradas autonómicas con 74,3M€