A Xunta ofrece aos propietarios de parcelas afectados polos Proxectos de interese autonómico residenciais participar no desenvolvemento dos ámbitos

A Xunta ofrece aos propietarios de parcelas afectados polos Proxectos de interese autonómico residenciais participar no desenvolvemento dos ámbitos

Os afectados poderán agruparse e presentar a súa proposta de participación no desenvolvemento, asumindo os gastos de urbanización que correspondan e destinando a edificabilidade á construción de vivenda

A conselleira incidiu en que as valoracións das expropiacións de solo veñen marcadas pola normativa estatal de obrigado cumprimento para todas as comunidades autónomas

Allegue lembrou que todos os ámbitos seleccionados teñen a conformidade dos Concellos, cos que se avaliou a viabilidade dos distintos ámbitos

Incidiu en que todos os solos dos PIA están clasificados como urbanizables, é dicir, aptos para converterse en urbano tras as actuacións de transformación pertinentes

Explicou que a Xunta busca a menor afección e actúa con transparencia e garante o diálogo cos propietarios tanto de vivendas como de solo para estudar as súas situacións