Allegue remarcou que a Xunta traballa en distintas direccións para dar respostas ao reto da vivenda, apostando pola cooperación público-privada e en colaboración co sector
Puxo o acento nas licitacións os últimos anos de contratos de redacción de proxectos e dirección de obras, por importe de 20M€, que permiten ter en marcha case 3.000 vivendas de promoción pública
Sinalou que a Xunta traballa na convocatoria de concursos de ideas para a redacción de proxectos de promocións de vivendas, incorporando “técnicas innovadoras” de deseño para adaptar as novas edificacións á realidade cambiante dos fogares