A Xunta pon en valor a nova orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

A Xunta pon en valor a nova orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

González salienta que nos vindeiros días se publica esta medida de Emprego e Vivenda (1,5 M€) destinada ao alugueiro ou cesión de uso de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes para persoas contratadas por empresas galegas

Tamén pon en valor o impacto territorial do programa Retorna Cualifica Emprego, que xa permitiu o retorno de 400 galegos e galegas a arredor de 60 municipios e cuxa nova convocatoria, de 2,3 M€, abre o vindeiro martes

Sinala que o rural é un dos eixos da Estratexia de emprendemento ligado ao territorio, cuxo núcleo central, a Rede de polos, xa atendeu máis de 6.300 proxectos en toda Galicia, dos cales arredor de 1.300 corresponden ás cinco oficinas de Lugo

Neste sentido puxo en valor a Rede Ultreia de colaboración público-privada impulsada pola Xunta para compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades na atención ao emprendemento, que leva máis de 120 adhesións