A Xunta publica a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

A Xunta publica a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

O DOG publica hoxe a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que —cun orzamento inicial de 1,5 M€— busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes

O prazo de solicitude de achegas arranca mañá e prolongarase deica o 15 de xullo

Poden recibir axuda para rehabilitar vivendas unifamiliares ou edificios residenciais os propietarios, usufrutuarios ou cesionarios dos inmobles por un mínimo de 10 anos, tanto as empresas como persoas físicas ou xurídicas e concellos que pacten con elas

Para garantir a cobertura de vacantes laborais botando man —cando sexa necesario— da atracción do talento exterior, valorarase que as vivendas sexan para persoas beneficiarias do programa Retorna Cualifica Emprego ou das bolsas BEME

Ao puntuar as solicitudes teranse en conta tamén outras cuestións como que as persoas destinatarias finais traballen nun sector estratéxico, a distancia da vivenda co centro de traballo, a demografía do municipio ou a sostibilidade da rehabilitación