A Xunta publica no DOG a delimitación do ámbito da Baiuca-Penouqueira en Arteixo, para desenvolver solo residencial onde construír 160 vivendas

A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta

Están en redacción os PIA para desenvolver, ademais do de Arteixo, outros seis ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña e a Xunta acaba de adxudicar os contratos de redacción dos de Vilagarcía e Ramón Nieto en Vigo