Este novo decreto entrará en vigor aos 20 días naturais da súa publicación no DOG, é dicir, o 17 de agosto
A nova normativa modificará o actual réxime de actuación das ECCOM, de xeito que o seu certificado terá a mesma validez e efectos que os informes xurídicos técnicos e municipais, que se entenderán substituídos por dita certificación
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asumirá as funcións relativas á autorización e rexistro de todas as ECCOM, no marco das súas competencias en materia de urbanismo
A normativa dá resposta a unha demanda de promotores, profesionais e cidadanía
O decreto consta de 51 artigos estruturados en cinco capítulos, dúas disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas disposicións finais