O inmoble contará con máis de 23.000 metros cadrados de superficie construída e terá unha distribución de baixo, 8 alturas e baixo cuberta
A conselleira destacou que se axilizará o posible a contratación das obras e o obxectivo é que estean construídas no 2028
Na cidade de Lugo, a Xunta ten en marcha máis de 600 vivendas de promoción pública, das que a meirande parte se sitúan no barrio de Garabolos, onde xa están en obras 146 novos fogares
A conselleira lembra as novas medidas da Xunta para facilitar que máis familias poidan acceder á vivenda protexida, como o incremento do limiar de renda a 4 veces o IPREM (4,5 para familias numerosas) e a reserva do 30% nas vivendas destinadas á venda para persoas de 36 a 45 anos con fillos a cargo
