O inmoble na rúa Agriños terá 5 plantas e áticos, con fogares de 2, 3 e 4 dormitorios que terán eficiencia enerxética A
As obras de construción dos fogares terán un prazo de execución de 19 meses
No Concello de Ames, ademais desta promoción, a Administración autonómica creará outras 140 vivendas públicas noutra parcela cedida en Galdrachán
Con este municipio coruñés xa son 18 os concellos galegos que están a ceder solo á Xunta de xeito gratuíto para a construción de máis vivenda pública
