As vivendas construiranse en dúas parcelas desta rúa e súmanse as 58 proxectadas nos Rosais e 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada, todas en terreos cedidos polo Concello da Coruña
A Xunta ten en marcha ademais 104 vivendas no barrio do Xuxán, cun investimento de 23,4M€
O Goberno galego avanza no reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura, pois o obxectivo é ter 4.000 máis en 2028 e xa hai 2.800 en diferentes fases de execución