A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

Desenvolverase un ámbito en Raposeiras, e das 400 vivendas, un 80% estarán sometidas a algún réxime de protección pública

Este proxecto enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta para desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres