A Xunta recibe 8 ofertas para construír 59 vivendas públicas en Paradai, en Lugo, cun investimento de 10,7 M€

A Xunta recibe 8 ofertas para construír 59 vivendas públicas en Paradai, en Lugo, cun investimento de 10,7 M€

Estas vivendas, que se financiarán con fondos propios autonómicos, construiranse en Paradai, en terreos acadados nunha permuta co Concello de Lugo

Trátase dun inmoble de baixo e 6 alturas, con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, accesibles, de calidade e eficientes enerxeticamente

En Lugo están en marcha máis de 600 vivendas públicas, a meirande parte en Garabolos