A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha esta liña de apoio para sufragar os primeiros gastos do fogar, como a compra de mobiliario e outros artigos
Optan a estas axudas os menores de 36 anos cunha fonte regular de ingresos e un contrato de alugueiro ou compravenda posterior a maio de 2024
Esta medida é complementaria a outras do Goberno galego para facilitar que os mozos e mozas galegas poidan independizarse
O prazo de envío de peticións, a través da sede electrónica da Administración autonómica, está aberto ata o 30 de abril