A Xunta recibe máis de 3.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate na súa segunda edición

A Xunta recibe máis de 3.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate na súa segunda edición

O Goberno galego destina 3M€ a este programa que pretende contribuír coa mocidade nos primeiros gastos do fogar como a compra de mobiliario

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en marcha esta iniciativa o ano pasado, cunha grande acollida, para complementar as políticas de vivenda

No 2025, cun investimento de 2,25M€, recibiron a axuda un total de 1.066 persoas, cunha achega de 1.500€ no caso do alugueiro e 3.000€ no da vivenda en propiedade