A Xunta recibe nas primeiras horas máis de 1.000 peticións de axudas para rehabilitar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes

A Xunta recibe nas primeiras horas máis de 1.000 peticións de axudas para rehabilitar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes

A Consellería de Vivenda activou hoxe ás 9 horas o prazo para pedir estas subvencións, que rematará o 1 de setembro ou no momento do esgotamento do crédito

Ás 13 horas, na provincia de Lugo rexistráranse 373 peticións; na de Ourense, 230; na de Pontevedra, 167; e na da Coruña, 265

A Xunta destina ás axudas un orzamento bianual de 5M€, con fondos autonómicos

As achegas, que poden acadar os 30.000€, cubrirán ata o 75% das obras e inclúense traballos de accesibilidade, conservación, sostibilidade ou eficiencia enerxética

A vivenda rehabilitada ou resultante por cambio de uso destinarase a domicilio habitual e permanente, ben do propietario ou en alugueiro durante un mínimo de 5 anos