A Xunta recibiu no primeiro día 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade

Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes 

A conselleira de Vivenda, María M. Allegue, lamentou a dotación insuficiente de fondos estatais para este bono, xa que a partida de 11,4M€ asignados a Galicia é para dous anos

Lembrou que que a Xunta ten reclamado ao Goberno central máis fondos para outros programas de axudas e apuntou que do Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para 2025 tan só o 10% se corresponde con fondos estatais

O Goberno galego mantén aberto o prazo de solicitudes para as axudas á adquisición de vivenda, nas tres liñas: para menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, para centros históricos e para mercar vivenda protexida