Máis de 200 asistentes están inscritos neste foro organizado pola Xunta a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que terá lugar na Cidade da Cultura
A conselleira María M. Allegue destaca a importancia desta xornada, que versará sobre as novas medidas de axilización normativa, no desenvolvemento de solo residencial e na colaboración público-privada para acelerar a construción de vivenda protexida
Neste encontro tamén se abordará o impulso da construción industrializada e o mapa de capacidades do sector en Galicia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos analizará as medidas tributarias en favor da vivenda
