José González destaca que esta bisbarra ten unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles: a primeira orientada a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos
Fai fincapé en que as vivendas deben destinarse a persoas traballadoras, en réxime de alugueiro ou de cesión de uso, non podendo situarse a máis de 15 km do centro de traballo e sempre nun municipio con menos de 20.000 habitantes
Salienta que terán prioridade os concellos de menos de 5.000 habitantes —como case todos os da comarca de Verín— e as rehabilitacións de vivendas que sexan para persoas traballadoras de sectores estratéxicos como o agroalimentario ou o forestal
