A Xunta subvencionou con 1,5 M€ obras de mellora da eficiencia enerxética en oito edificios de Ferrolterra durante o pasado ano

A Xunta subvencionou con 1,5 M€ obras de mellora da eficiencia enerxética en oito edificios de Ferrolterra durante o pasado ano

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Caranza un dos inmobles beneficiarios cunha achega de 1,2 M€ e que aglutina 60 vivendas

A convocatoria de 2024 beneficiou a un total de 83 vivendas nos municipios da Capela, As Pontes, Cabanas, Ferrol, Narón, Pontedeume e Valdoviño