Manuel Pardo explicou que a actuación levada a cabo na rúa Castor Elices en Celanova, foi financiada a través dun préstamo de 464.000 euros da Xunta, co obxectivo de optimizar a accesibilidade e na mellora e ampliación das beirarrúas renovando todas as instalacións, así como na organización do tráfico
O delegado territorial subliñou que o fondo para financiar obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en municipios de menos de 50.000 habitantes conta cunha dotación de algo máis de 3 M€ da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Por outra banda, o representante do Goberno galego destacou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén destina 8,6 M€ ao fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción
Manuel Pardo salientou que estes Fondos de Cooperación da Xunta atenden a un dobre obxectivo, axudar a financiar a mellora de equipamentos municipais e sumar esforzos para facilitar o acceso á vivenda
