Allegue aposta pola planificación como ferramenta clave para unha ordenación sostible do territorio na apertura do XII Congreso CIOT en Santiago, onde puxo en valor os 350 M€ que a Xunta dedicará en 2026 a políticas de vivenda

Preto de douscentos expertos asisten ao Congreso Internacional de Ordenación do Territorio promovido pola Xunta e a asociación Fundicot, que se celebra desde hoxe ata o vindeiro venres 14 en Santiago co lema Cultura territorial. O futuro non se improvisa

A conselleira destaca a necesidade dunha programación con perspectiva para responder ás demandas do presente e aos retos do futuro, co fin de legar ás xeracións futuras “un territorio ordenado, cohesionado, accesible e sostible”

Allegue puxo en valor as políticas da Xunta en materia de vivenda e infraestruturas “para facilitar unha Galicia máis vertebrada, conectada, máis sostible e unha Galicia na que residir sexa factible”

Subliñou que dos 560M€ dos orzamentos da Consellería, 163M€ irán dirixidos á construción de novos fogares, diante do reto de duplicar o parque público residencial que ten marcado o Goberno galego

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, participou na mesa redonda sobre “Estratexias para unha adecuada política da vivenda en España”